Avaliación
- Práctica 01. Co perfil de profesor crea unha tarefa. Esta tarefa pode consistir en que un neno escriba un conto no cal é el o protagonista da historia e na que lle pasa algo parecido ao rapaz desta historia real. Debe crealo en liña, é dicir sen subir ningún ficheiro. Configura a nota máxima como 10.
- Entras co perfil de alumno e escribes calquera cousa de forma rápida, semellando que eres o alumno.
- Entras de novo como docente e avalías o conto e poslle unha nota numérica.
- Práctica 02. Crea as categorías 1ª avaliación, 2ª avaliación e 3ª avaliación
- Práctica 03. Move a avaliación da tarefa da práctica 01 á categoría 1ª avaliación
- Práctica 04. Crea a escalas Apto/Non Apto e Moi mal, mal, regular, ben, moi ben
- Práctica 05. Crea dous elementos de avaliación: practica 02 e exame. Asígnalle a nota a un dos alumnos
- Práctica 06. Calcula a nota de avaliación, sabendo que é a media aritmética das tres notas
- Práctica 07. Calcula a nota de avaliación, sabendo que é as práctica 02 e a tarefa teñen un valor do 15% cada unha delas e o exame ten un valor do 70%
- Creamos unha tarefa e correxímola por rúbricas. Configuración: Nota máxima un 10 e engadímola á categoría da 2ª avaliación. Texto da tarefa:
"Redactar unha pequena guía turística do Camiño de Santiago, desde Roncesvalles ata Santiago de Compostela. Debes facer unha descripción sinxela de cada un dos lugares de interese cultural ou arquitectónico polos que pasa o camiño, enlazando imaxes e creando ligazóns cando sexa necesario".
Tarefa con ficheiros pdf
1. Descarga o seguinte ficheiro
2. O documento ten dúas follas. Abre o programa PDF-Shuffler e elimina a primeira, quedando só coa segunda.
3. Co software Xournal e coa axuda do lápis modifica a o pdf engadindo algunha resposta. Garda o ficheiro co teu nome, por exemplo practicapdf.pdf
Actividade presentación
Preparar unha presentación empregando o Impress para un tempo de exposición aproximado de 10 minutos. Terá entre 10 e 15 diapositivas. Engadirase o texto do orador nun documento diferente, cos párrafos explicativos para cada unha das diapositivas. A presentación debe de ser tan gráfica como sexa posible, sen abusar do emprego de texto.
Obxectivos:
1. Relacionar o artigo coa materia impartida na aula
2. Capacidade de análise
3. Mellorar a capacidade de relación dos diferentes conceptos
4. Concienciar aos alumnos o carácter global dos conceptos tratados na materia.
5. Promover a interacción oral
Habilidades:
1. Compresión lectora
2. Expresión escrita e oral
B) CREACIÓN DA TAREFA POLO PROFESOR
Enunciado:
Tarefa de presentación
Crea unha presentación axudándote do programa LibreOffice Impress, así como os textos do orador. Expón aos teus compañeiros o tema tratado na aula
Data Límite: 10/12/2018 (non se poderá entregar fóra de prazo).
C) Mapas mentais con FreeMind
1. Descarga o ficheiro menu_aplicativos no teu ordenador
2. Abre o documento empregando o software FreeMind.
3. Verás o esquema do Menú de aplicativos da maqueta abalar, explora o esquema e completa os programas que faltan.
4. Completa o mapa mental, formado por un nó central chamado "Menú de aplicacións". Deste nó colgan as categorías de programas da maqueta Abalar, completando como mínimo dúas delas: Gráficos e Ciencias, aínda que podes engadir as que desexes. De cada unha das categorías deben de colgar a súa vez os diferentes programas. Por exemplo de Ciencias colgarían: Stellarium, Avogadro, etc. (Non é necesario engadir imaxes, nin notas.)
5. Exporta o documento como unha imaxe (png ou jpg) na ruta: Ficheiro>exportar>como...
6. Entrega o ficheiro de imaxe exportado con FreeMind a esta tarefa.